POTE MARINERO
POTE MARIÑEIRO – RECEITA 1
Ingredientes: (6 persoas)peixe sapo, 1/2 kg. Limpo (Rape)
rodaballo, 1/2 kg.
mero, 1/2 kg.
gambas, 1/2 kg.
lagostinos, 6
cigalas, 6
mexillóns, 1 kg.
berberechos, 1 kg.
ameixas, 1/2 kg.
feixóns cocidos, 300 grs. (Guisantes)
arroz, 300 grs.
cebolas, 2 ben picadas
tomates maduros, 3
allo, 6 dentes picados
aceite de oliva, 1/4 lt.
pemento doce, 1 cullerada
tabasco, unhas pingas (gotas)
coñac, 1 copa
sal
pementa
Preparación:Nunha cazola, prepárase un prebe mariñeiro. Límpase o peixe e pélanse os mariscos. Pícanse todos do mesmo tamaño. Nunha tixola cun pouco aceite, refóganse e flaméxase co coñac.
Os mexillóns, as ameixas e os berberechos, nun cazo cunha pouquiña auga, ábrense ó vapor. Escórreselle-la auga e resérvase. Quítanselle-las cunchas destes mariscos e pásanse á auga que temos reservada.
Nun pote de barro, bótase o prebe mariñeiro, os peixes, os mariscos, os feixóns, o arroz e a auga de abri-los mariscos. Engádeselle o sal, a pementa e o tabasco. Sérvese no mesmo pote quente.
Restaurante Puesto Piloto Alcabre
« ALMEJAS a la…………
F – 74 Dotación de Quilla. »
Deje un comentario para este artículo